Creación dun motor de presentación multicanal para entornos sanitarios baseado no estándar HL7
Construcción dun sistema de integración de información sanitaria procedente de diversas fontes de datos heteroxéneas ( bases de datos sanitarias relacionais, sistemas de ficheiros, bases de datos propietarias de linguaxes 4GL, etc. ). O sistema recopilará información destas fontes de datos almacenándoa nun formato estándar, idealmente baseado na derradeira versión de Health Level Seven, HL7 v3. Para iso, a aplicación deberá contar, polo menos parcialmente, cunha representación interna do RIM ( Reference Information Model ) definido polo HL7.
O motor de presentación será capaz de exportar informes a diferentes dispositivos, sexan estacions de traballo, teléfonos móbiles, PDAs ou calqueira outro dispositivo que soporte o estándar HTML. A aplicación realizará esta xeración automáticamente en función do tipo de cliente. Os informes representaranse empregando o estándar XML creado con anterioridade.
Fases Principais do Proxecto:
1. Análise da situación do último estándar de HL7.
2. Análise das tecnoloxías JAVA a empregar.
3. Deseño do modelo de información.
4. Implementación do motor de presentación.